-
29,29
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
Features:
- Pages: 232
- Format: 21,5x15 cm
- Edition Date: 2021
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Weight: 0,37 kg.
- Editorial: KALANDRAKA
-
O sorriso do coñecemento
-
9788413430959
-
-
-
-
-
-
Esta obra presenta unha metodoloxía que escoita a quen aprende para falarlle a quen ensina; é un libro para aprender a ensinar e ensinar a aprender, que achega con humor formas de facer, ofrecendo maneiras de actuar respectuosas para ensinar dende quen aprende. Fai fincapé na importancia da escoita activa por parte do profesorado, ademais de describir diferentes beneficios e ferramentas para levalos a cabo nas aulas. «O sorriso do coñecemento» xorde da necesidade de entender a educación como un principio activo para o desenvolvemento integral da persoa, reflexionando sobre a realidade da escola actual. Está estruturado en tres partes: escoitar para aprender, escoitar para ensinar e o método CEMA (Comprender, Enunciar, Memorizar e Aplicar). Para José Antonio Fernández Bravo este manual é “a enxeñería do camiño para a adquisición do coñecemento”. Cuestiona que nos métodos de ensino tradicionais o docente é o provedor duns contidos elaborados que o alumnado consome: “É difícil obter coñecemento por parte de quen ensina se o proceso que se segue para quen aprende é aceptar a información que recibe, memorizala e esperar que entenda o que memorizou”, explica sobre o concepto IME (Informar, Memorizar e Entender). Pola contra, o método CEMA consiste en darlle sentido propio ao correcto significado; informar con rigor e claridade despois de que se teña comprendido; memorizar, reter e reproducir; e aplicar para fortalecer a aprendizaxe e adquirir coñecemento para, finalmente, rexurdir, acoplar e transferir ese saber. Trátase dun método ontolóxico-epistemolóxico. Por un lado, comprende a quen aprende, tendo en conta a persoa en todas as súas dimensións e crendo nela. Tamén busca entender a súa conduta e require comprender a quen aprende. O autor escribe, reflexiona e dialoga coa atención posta nas nenas e nenos e nos adolescentes, que poden e queren aprender sempre, alertando sobre este gran reto para quen ten a responsabilidade de ensinar: os docentes, as familias e os demais adultos.
-
29,29
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Educación Pedagogía:
-
98,03
USD
-
59,00
USD
-
39,45
USD
-
43,79
USD
-
24,63
USD
-
28,18
USD