-
32,27
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 120
- Edition Date: 2014
- Edition: 28032014
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,20 kg.
- Editorial: FAKTORIA K DE LIBROS
-
Onde nunca é mañá
-
9788415250692
-
-
-
-
-
-
Na súa persistente batalla a favor da vida, o poeta practica o esmero léxico neste novo inventario de latexos, afonda na exquisitez da naturalidade e aproxima os seus versos á cadencia do sermón, coa memoria como faro e meta. Ilustración de cuberta de ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL Manuel Álvarez Torneiro segue rastrexando o pasado en “Onde nunca é mañá”; e porfía en facelo dende o compromiso coa exactitude da palabra. A acumulación de memoria é cada vez maior e iso leva o poeta a unha sorte de confesión aínda máis crepuscular. Persisten liñas como o gusto pola reveladora enumeración paradoxal, a exuberancia de imaxes poderosas e un manexo léxico de ourive. Neste poemario, a vella aproximación dos versos á cadencia do sermón busca dun xeito máis claro a exquisitez da naturalidade. Á fin, quen emerxe neste libro é alguén agradecido («ladrón de mel nos libros prohibidos») á caloriña que desprenden os cadros e as músicas dos mellores. “Onde nunca é mañá” convértese así nun inventario de alentos e latexos a cargo dun home de tantos, teimando sempre na batalla a favor da vida. Esta obra séguelle a “Os ángulos da brasa” (Premio Ánxel Casal de Poesía 2012, Premio da Crítica Española 2012, Premio de Poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2012 e Premio Nacional de Poesía 2013), que vai pola cuarta edición en galego e foi traducida ao castelán por Teresa Seara para Visor Libros.
-
32,27
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Poesía:
-
52,82
USD
-
27,85
USD
-
32,55
USD
-
25,77
USD
-
25,64
USD
-
36,14
USD