Ficha
Books Frontpage Leviatán
  • 38,54 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 657
  • Format: 24x15 cm
  • Edition Date: 2018
  • Language: Inglés.
  • Binding: Tapa dura - Tela sobre cartón.
  • Leviatán

  • 9788416954582
  • Authors: Thomas Hobbes, Vicente Araguas, Vicente Araguas álvarez, María Xosé Agra Romero

  • Desde a unánime consideración de que Thomas Hobbes é o fundador da filosofía política moderna, Leviatán (1651) resulta unha obra clásica do pensamento, unha obra complexa que aínda sorprende e non deixa indiferente a ninguén. Leviatán posúe unha particular envergadura que segue interpelando e retando, que segue impresionando e, tras máis de tres séculos e medio desde a súa publicación, estimulando unha profunda reflexión sobre a política: sobre o individuo e o Estado, a natureza ou a condición humana, a violencia, a morte violenta e a guerra; o vivirmos xuntos, a condición de cidadán ou de súbdito; sobre a representación, a liberdade e a autoridade; sobre a razón, a racionalidade, e a ciencia, sobre as opinións, as crenzas, as doutrinas relixiosas e o poder político; sobre a retórica e a política, sobre a seducción e a sedición. En tempos como os actuais, de crise, de inseguridade, de medo, de novas formas de violencia e ansiedade respecto do futuro, constátase especialmente a recorrencia de obras imperecedoiras do pensamento como Leviatán. O seu interese non devala, a súa lectura non perde vixencia, polo que a súa publicación en galego vén a ser unha oportunidade magnífica para visitalo e lelo, ou revisitalo e relelo unha vez máis, deixando atrás visións estereotipadas, tópicas, e mergullándonos nos meandros dunha obra impresionante, na que Hobbes desprega toda a súa brillantez intelectual.
  • 38,54 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

The book belongs to the following catalogs

Other books in the subject Ciencias Políticas Y Teoría: