Ficha
Books Frontpage Empresa e Administración
  • 43,68 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)
    • Comprar

Features:

  • Pages: 244
  • Format: 27x21 cm
  • Edition Date: 2016
  • Edition: 21042016
  • Language: Castellano, Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Weight: 0,66 kg.
  • Empresa e Administración

    Empresa e Administración

  • 9788428338288
  • Author: Xose Luis Cabarcos Bermudez

  • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Empresa e Administración, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. "Empresa e Administración" ofrece información sobre emprendemento e innovación, destacando o valor da innovación na actividade empresarial, e incluíndo a definición legal de persoa emprendedora e as características dos emprendedores. Tamén trata sobre o risco, como elemento asociado ao emprendemento e a innovación; sobre a oportunidade que para as empresas supón a súa internacionalización; e sobre as axudas e ferramentas existentes para emprender e innovar. Por outro lado, abórdase o concepto de empresa e empresario, coas formas xurídicas que máis frecuentemente se adoptan para o desenvolvemento da actividade empresarial, e mais os trámites que cómpre efectuar para constituír e poñer en marcha a empresa. Tamén se analizan a configuración do sistema tributario español e as principais obrigas fiscais da empresa. Por último, tras facerse referencia á separación dos poderes do Estado e as fontes do ordenamento xurídico, trátase sobre o réxime xurídico do sector público e a regulación que afecta ao persoal ao seu servizo. Ademais, analízase a actuación da Administración nas súas relacións cos cidadáns, abordando o concepto de acto administrativo e as fases do procedemento, así como as posibilidades de revisión das resolucións administrativas. Así mesmo, cada unidade inclúe variadas actividades propostas e gran cantidade de cadros de información adicional con exemplos reais e un práctico mapa conceptual que facilita o repaso. Para rematar, ao concluír cada unidade, ofrécense actividades finais de comprobación tipo test, de aplicación, e de ampliación. O autor, diplomado en Ciencias Empresariais e en Relacións Laborais, e graduado en Dereito, é funcionario de carreira en activo no corpo de profesores de ensino secundario, e do corpo de profesores técnicos de formación profesional. Conta con máis de 15 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos de grao medio e superior da familia de Administración e Xestión. Ademais, a súa formación foise complementando con diversos cursos de actualización e a realización do máster en Práctica da Avogacía.
  • 43,68 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)
  • Buy
    Free shipping to US