Ficha
Books Frontpage A técnica contable
  • 50,16 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)
    • Comprar

Features:

  • Pages: 332
  • Format: 1,6x20,8x26,80 cm
  • Edition Date: 2016
  • Edition: 21042016
  • Language: Castellano, Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Weight: 0,88 kg.
  • A técnica contable

    A técnica contable

  • 9788428338325
  • Author: ángel Manuel López Camean

  • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Técnica Contable, incluído no Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. Ao longo de dez unidades aséntanse as bases da metodoloxía contable mediante o recoñecemento dos elementos que integran o patrimonio dunha organización económica, a súa clasificación en masas patrimoniais, a aplicación do Convenio de cargo e aboamento e do Método da partida dobre, e a identificación do contido básico do Plan Xeral de Contabilidade de pequenas e medianas empresas que permitirán entender o mecanismo dos rexistros necesarios para a elaboración dos libros contables e a formulación das contas anuais. Deseguido, apréndense a contabilizar as operacións de gastos e ingresos, as relativas ao inmobilizado, e as operacións financeiras que se levan a cabo na xestión empresarial, para finalmente proceder a realizar os axustes contables no peche do exercicio. Para rematar, preséntanse aplicacións informáticas específicas para a contabilización dos feitos contables, valorando a súa eficiencia na xestión do plan de contas. Así mesmo, cada unidade inclúe numerosas actividades resoltas, exemplos, esquemas, táboas, figuras, cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades fi nais de comprobación, de aplicación, e de ampliación que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia. En definitiva, A técnica contable contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral. O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor en activo no corpo de profesores técnicos de formación profesional con máis de dez anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos e de Formación para o Emprego da familia de Administración e Xestión. Ademais, é especialista no emprego de aplicacións informáticas e no desenvolvemento das novas tecnoloxías orientadas á xestión empresarial.
  • 50,16 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)
  • Buy
    Free shipping to US