-
35,93
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 290
- Format: 21x14 cm
- Edition Date: 2006
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,36 kg.
- Editorial: GALAXIA
-
A casa dos encontros
-
9788482889511
-
-
-
-
-
-
Editorial Galaxia, en colaboracion coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, inicia con esta novela a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, na que se van publicar as novidades literarias máis salientables das literaturas europeas contemporáneas ao mesmo tempo que se publican no resto de Europa. A Biblioteca Compostela recrea dese xeito o símbolo da cidade de Santiago como porta de entrada da cultura europea en Galicia. Martin Amis conta en A casa dos encontros o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Ártico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados en campos de concentracion, os gulags. Á cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra. A obra narrativa de Amis retorna a unha das súas preocupacións centrais: a natureza da masculinidade e a relación entre a sexualidade masculina e a violencia. A voz narradora de A casa dos encontros forza ao lector a tomar partido, a situarse perante o que a novela conta, a aceptalo ou a rexeitalo, co que a lectura se converte nun proceso aberto, de intercambio activo entre texto e lector. A descuberta dun territorio narrativo novo leva a Martin Amis a moverse con especial habilidade no cumio do oficio de escritor.
-
35,93
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Ficción Moderna Y Contemporánea:
-
27,17
USD
-
28,19
USD
-
21,11
USD
-
67,83
USD
-
33,29
USD
-
27,83
USD