Ficha
Books Frontpage Alexandre Bóveda
  • 32,70 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 210
  • Format: 21x14 cm
  • Edition: 01012009
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Editorial: LAIOVENTO
  • Alexandre Bóveda

    na demanda da restauración

  • 9788484871484
  • Author: David Otero

  • Este libro resume, condensa e amplía a bibliografía existente sobre a personalidade política, intelectual e humana dunha das figuras máis relevantes da historia do nacionalismo galego. Dificilmente, nun período tan curto de vida —foi asasinado aos trinta e tres anos— se pode desenvolver un traballo tan intenso e fecundo como o realizado por Alexandre Bóveda. Nas páxinas deste libro da autoría de David Otero o lector ou lectora terá ocasión de comprobar o que vimos de sinalar. Como consecuencia da súa decidida entrega na defensa dos intereses e da dignidade da nosa Nación, Alexandre Bóveda sería asasinado o 17 de agosto de 1936 no monte da Caeira en Poio. Minutos antes da súa execución, aínda era quen de ditar a derradeira "leción do mestre": "a miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa Terra". Precisamente, o 17 de agosto do ano 2005, o gran poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, no cemiterio de San Mauro, pronunciou unhas palabras en lembranza de Bóveda nas que, entre outras cousas, afirmou: "naquela hora da madrugada negra comezou a medrar a familia dos destinatarios da túa derradeira vontade. Hoxe somos multitude ardente a dos que vivimos contigo na paixón luminosade Galiza, na homenaxe da túa intelixencia de serena anatomía, do teu claro rumbo de amor expansivo, do teu inimitábel estilo humano e das túas certezas políticas, que son tamén nosas e ti alimentas e coidas desde a memoria dilatada en herdo milenario
  • 32,70 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Biografía E Historias Reales: