Homepage » Sociedad Y Ciencias Sociales » Política Y Gobierno » Os Borbóns: unha monarquía escandalosa

Ficha
Books Frontpage Os Borbóns: unha monarquía escandalosa
  • 29,06 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)
    • Comprar

Features:

  • Pages: 210
  • Format: 21x14 cm
  • Edition Date: 2016
  • Edition: 05052016
  • Language: Gallego.
  • Binding: Libro.
  • Weight: 0,40 kg.
  • Os Borbóns: unha monarquía escandalosa

    A herdanza do franquismo

  • 9788484873112
  • Author: Manuel Monge

  • Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos unha monarquía corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios, que utilizaron o trono para o seu enriquecemento. O rei Juan Carlos era o "jefe" da trama corrupta do Instituto Nóos, onde están implicados Iñaki Urdangarín e a súa esposa, a infanta Cristina. Temos unha monarquía caduca, desprestixiada, que non ten futuro e que non foi elixida polo pobo. A chamada dinastía borbónica non existe e ten pouco de exemplar. Dadas as numerosas relacións de reis e raíñas con amantes é moi difícil saber quen é o pai ou a nai de moitas infantas e infantes. O rei Alfonso XII, coñecido como?El Puigmoltejo?, non era fillo de Francisco de Asis de Borbón y Borbón, esposo da raíña Isabel II, senón de Enrique Puigmoltó i Mayans, tenente de enxeñeiros. O que cualifican moitos libros de historia como o "Réxime", que tivemos de 1936 a 1977, foi en realidade unha ditadura criminal, equiparábel, segundo a ONU, á Alemaña nazi e a Italia fascista de Mussolini. Foi o ditador Franco quen elixiu a Juan Carlos en 1969 como o seu sucesor e o futuro rei xurou fidelidade ao Caudillo Franco e ás leis da ditadura. Cando se cumpriron xa corenta anos da morte do ditador, aínda quedan moitos restos do franquismo, como o pazo de Meirás e unha gran fortuna da familia Franco. Unha Fundación, que recibe fondos públicos para lembrar e enaltecer a figura do ditador. Simboloxía fascista por todo o Estado e 150.000 persoas vítimas da represión continúan en cunetas e foxas. Permanecen as distincións honoríficas e títulos nobiliarios a golpistas e criminais, que se sentaron nos consellos de ministros presididos por Franco. Mentres tanto, Felipe VI, o mesmo que o rei Juan Carlos, aínda non condenou a ditadura franquista. Está en marcha a Querela Arxentina para xulgar os crimes do franquismo, que gozan aquí de impunidade porque, en virtude do pacto da Transición, os sucesivos gobernos de UCD, PSOE e PP interpretaron a Lei de Amnistía de 1977 como unha lei de punto final." Manuel Mong
  • 29,06 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

The book belongs to the following catalogs

Other books in the subject Política Y Gobierno: