Ficha
Books Frontpage As guerras.
  • 36,28 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 204
  • Format: 21x14x1,20 cm
  • Edition Date: 2025
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Libro no cosido / Encuadernación arráfica / P.
  • Weight: 0,34 kg.
  • As guerras.

    Entre a retórica e a violencia

  • 9788484877271
  • Author: José Carlos Bermejo Barrera

  • A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun “modelo occidental” da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo. Este libro analiza como se “racionaliza” a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación. A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito. A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha “guerra hixiénica”, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro. Neste libro analízase a “guerra vivida”, non só a pensada, na perspectiva que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.
  • 36,28 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Historias Reales De Guerra Y Combate: