Ficha
Books Frontpage Medo político e control social na retagarda franquista
  • 39,86 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 496
  • Format: 22x14,5x4,00 cm
  • Edition Date: 2015
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Weight: 0,726 kg.
  • Medo político e control social na retagarda franquista

  • 9788499148083
  • Author: Lucio Martínez Pereda

  • Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo –sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación…–, a información recollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló dos cárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento para estudar os aparellos represaliadores –comisións de depuración e de incautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e de represión da masonería– que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda das propiedades, negocios e traballos. Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.
  • 39,86 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Estructuras Políticas: Totalitarismo Y Dictadura: